Escoitar
Se atopas un animal na vía

Os animais para buscar alimento necesitan desprazarse dun sitio a outro. No seu periplo na procura do sustento, poden atravesar algunha estrada, polo que aconsellamos extremar as precaucións. Así, se de súpeto albiscas un animal nas beiras da calzada, frea moderadamente, xa que unha evasión brusca pode ser perigosa.

Desde o 112 Galicia queremos que prestes atención ás seguintes recomendacións:

  • Reduce a velocidade cando cruces zonas boscosas. Ten en conta que é difícil que os animais cambien os seus carreiros habituais
  • Se te atopas cun animal na vía ou nos bordos e levas postas as luces de longo alcance, cambia a curto alcance, frea moderadamente e toca o claxon.
  • Unha manobra de evasión brusca pode ser realmente perigosa para o condutor, ocupantes, outros vehículos e o animal
  • Ademais, pensa que detrás dun animal pode haber outros atrasados da manda, que poderían cruzar a estrada de forma inesperada
  • No caso de que a colisión sexa inevitable, lembra: suxeita con forza o volante, continua recto e frea
  • Se sufriches un accidente, detente de maneira controlada, sinaliza e chama ao 112

facebook twitter