Imaxe escoitar Escoitar

As competencias que en materia de protección civil ten transferidas a Comunidade Autónoma de Galicia, son responsabilidade da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a cal depende directamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

Un dos seus obxectivos fundamentais é o da protección das persoas e bens, en situacións de risco colectivo ou catástrofe. E para logralo, Protección Civil leva a cabo tarefas de previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación, en colaboración coas diferentes administracións.

Para iso conta con dous tipos de plans, territoriais e especiais, que regulan o funcionamento e a organización dos recursos humanos e técnicos para a prevención e actuación en situacións de urxencia.    

Plans territoriais
O esquema xeral de actuación en materia de protección civil vén definido polo Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (PLATERGA). É o marco que fixa o esquema organizativo xeral en relación co seu correspondente ámbito territorial.

Neste apartado enmárcanse tamén os plans de emerxencia municipal (PEMU) e os plans de actuación municipal (PAM).

PROTECCIÓN CIVIL LEVA A CABO TAREFAS DE PREVISIÓN, PREVENCIÓN, PLANIFICACIÓN, INTERVENCIÓN E REHABILITACIÓN, EN COLABORACIÓN COAS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS.

Plans especiais
Son aqueles que se refiren a riscos concretos e que, polas súas especiais características, requiren duns métodos técnicos determinados para a súa avaliación, planificación e actuación.

Os plans especiais vixentes actualmente en Galicia son:      

Riscos naturais

  • Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevadas (NEGA)
  • Plan de Protección Civil ante o Risco de Inundacións (INUNDACIÓNS)
  • Plan de Protección Civil ante o Risco de Seca (SECA)
  • Plan de Protección Civil ante o Risco de Temporais (TEMPORAIS)
  • Plan de Actuación polo Risco Sísmico en Lugo (Plan de Protección Civil)
  • Plan de Actuación polo Risco Sísmico en Ourense (Plan de Protección Civil)

     

Riscos antrópicos

  • Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (SAPRAGA)
  • Plan de Protección Civil ante o Risco de Incendios Forestais (INCENDIOS)
  • Plan de Atención al Peregrino (PAP)

     

Riscos tecnolóxicos

  • Plan de Protección Civil ante Accidentes no Transporte de Mercadorías Perigosas (PLANTRANSGAL)
  • Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (SAPRAGA)
  • Plan de Emerxencia Exterior de A Grela-Bens (PEE)
  • Plan de Emerxencia Exterior de Placeres-Lourizan (PEE)
  • Plan de Emerxencia Exterior de Foresa- Vilagarcía de Arousa (PEE)
  • Plan de Emerxencia Exterior de Foresa- Caldas de Reis (PEE)
  • Plan de Emerxencia Exterior de Forestal del Atlántico - Imegasa - Mugardos (PEE)
  • Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa - Mugardos (PEE)
  • Plan de Emerxencia da presa e collado do río Covo (Cervo) (PEP)

Fichas e Guías en caso de Emerxencia

Programa ERGO 2008 de CANUTEC "Guía de Resposta en caso de Emerxencia"

https://wwwapps.tc.gc.ca/saf-sec-sur/3/erg-gmu/gre/gremenu.aspx

Fichas de Intervención en Accidentes de MM.PP. de la Dirección General de Protección Civil y Emergencias

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/plans-de-emerxencia

Fichas de Intervención ante accidentes con MM.PP. del Gobierno Vasco
http://emergencias.euskadi.eus/

facebook twitter instagram