Escoitar

Durante o verán, por mor das altas temperaturas, é importante ter en conta certas medidas para que as capacidades ao volante non se vexan alteradas:

Manter unha temperatura óptima no interior do vehículo. O ideal é ter no habitáculo uns 24 °

Evitar conducir durante as horas centrais do día, sempre que sexa posible. Para iso, o mellor é planificar a viaxe e consultar o tempo. Ademais, é importante facer paradas duns quince minutos cada dúas horas de traxecto.

Beber con frecuencia e sen esperar a ter sede, auga ou zumes de froita.

Comer lixeiro para evitar a somnolencia.

Tamén, usar lentes de sol neutraliza os cegamentos e diminúe a fatiga visual.