Imaxe escoitar Escoitar
luns, 22 Xullo, 2019

Os servizos de emerxencia rescataron onte a unha muller que caeu nunha zona rochosa na praia de Borna, no termo municipal pontevedrés de Moaña. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha vez liberada, a muller foi atendida nunha ambulancia.

Os feitos sucederon uns minutos antes das 23:00 horas, momento en que unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Morrazo e da Policía Local.

facebook twitter instagram