Escoitar
domingo, 14 Agosto, 2022

Os catro tripulantes do veleiro no que se declarou un incendio presentan un bo estado de saúde, polo que rexeitaron asistencia médica.

En relación ao incendio, confirman os medios desprazados que está apagado e sen riscos.

Foi ás 12:30 horas de hoxe cando un dos afectados contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Un incendio declarado a bordo dun veleiro de 30 pés e situado nun punto próximo ao Museo do Mar de Bouzas sorprendeu ás catro persoas que navegaban dentro.

Para socorrelas, o persoal do 112 Galicia avisou aos medios e recursos de Salvamento Marítimo, e, polas súas indicacións, ao servizo local de Protección Civil de Cangas para que enviasen unha embarcación ao punto. Tamén se solicitou a intervención dos axentes de seguridade.

Con todo, foi un equipo dos socorristas do servizo municipal quen rescatou nunha zódiac a toda a tripulación, que se atopa en bo estado de saúde.