
- Ante todo, mantén a calma
- Na casa, protéxete de todo o que poida caer enriba
- Non saias á rúa mentres o tremor non cesa
- No exterior, afástate das edificacións cara zonas despexadas
- No coche, párao nun lugar seguro e sinaliza, sen saír do seu interior
- Pasado o tremor, desconecta os aparellos eléctricos da vivenda e revisa as instalacións
- Abandona as edificacións danadas, sempre polas escaleiras, nunca polo ascensor
- Estate atento a posibles réplicas do tremor
- Se hai persoas feridas ou atrapadas chama ao 1-1-2
- É moi importante a realización de simulacros para identificar as zonas seguras da vivenda, lugar de traballo ou centro de estudos