Escoitar

O verán é a estación do ano que invita a pasar máis tempo fóra da casa. Durante este período, as boas temperaturas convidan, por exemplo, a facer deporte, ir á praia ou á piscina, a viaxar ou mesmo a acudir a algún dos festivais que se celebran nesta época.

O certo é que, ao realizar máis actividades do habitual, sumado ás altas temperaturas tan características do tempo estival, é necesario ter en conta algunhas recomendacións para gozar de todo o beneficioso, útil e proveitoso deste período sen expoñerte a riscos que poidan poñer en perigo a saúde, especialmente a das persoas vulnerables, como son os pequenos e maiores.

Ir á praia é un plan ideal para gozar das vacacións, xa sexa en compañía da familia ou dos amigos, trátase dun momento para desconectar e, precisamente, tanto relax pode dar lugar a algún contratempo.

Usa protección solar e evitarás queimaduras.

Se vas a auga, aclimátate antes de mergullar e non te esixas máis do que podes durante o baño, coñece o teus límites.

Evita as comidas copiosas, xa que provocan unha dixestión pesada. Ten en conta tamén que consumir alcohol e bañarse é unha mala combinación, pois fai máis lentos os reflexos, o que deriva en perigo de afogamento.

Por outra banda, presta especial atención aos nenos e ás nenas. É importante que os adultos permanezan alerta ante calquera perigo. Unha situación de risco pode darse se o neno ou a nena está encima dun inchable e ven unha ola grande. Moito ollo!

O verán non só é un bo momento para gozar da praia ou da piscina, tamén pode ser ideal para pasar tempo na montaña. En Galicia hai infinidade de rutas para practicar sendeirismo. Por iso, imos cunha serie de consellos para realizar esta actividade dunha maneira segura e satisfactoria.

Antes de saír, debes planificar a ruta, dispoñer da indumentaria axeitada e levar sempre contigo os documentos de identificación e o móbil cargado.

Durante o traxecto, pensa que os novos sistemas de xeolocalización permitirán unha intervención rápida dos servizos de emerxencias en caso de necesidade. 

Para non perderte durante o camiño, evita usar atallos e lembra coidar dos espazos naturais. Respecta a contorna.

A calor do verán non ten por que ser un motivo para abandonar a actividade física, pero é necesario coñecer unha serie de recomendacións para evitar que, ao facer exercicio, as altas temperaturas repercutan negativamente na nosa saúde.

Practicar deporte durante as horas centrais do día pode resultar perigoso.

Unha correcta hidratación é clave para calquera persoa en calquera situación. Máis, desde logo, para quen realiza actividade física.

Utilizar cremas que protexan do sol que se adecúen á pel de cada persoa e aplicalas, sobre todo, no rostro e antebrazos, incluso en días nubrados.

Outra forma de protexerse do sol consiste no uso de gorras e gafas. Polo demais, a roupa elixida para facer deporte debe ser cómoda e lixeira.

Durante as vacacións, chegan as viaxes polas estradas e as altas temperaturas poden condicionar o traxecto ao volante nesta época do ano. Para que todo vaia sobre rodas, non deixes de ter en conta os seguintes consellos.

Pasar demasiadas horas conducindo afecta á capacidade de reacción, polo que o mellor é que descanses cada dúas horas de percorrido.

Utilizar o teléfono móbil mentres conduces aumenta o risco de sufrir un accidente. Ao volante, cero distraccións.

Faino cun calzado axeitado, deixa as sandalias para a praia ou a piscina

Baixo ningún concepto tires cabichas pola fiestra. Tampouco botes outros obxectos, como, por exemplo, restos de comida.

Ao conducir, debes ter as dúas mans no volante. Por iso, evita sacar os brazos ou o cóbado pola fiestra.

Por último, presta especial atención nas vías secundarias.

Hai quen, coa chegado o verán, recupera as ganas de ver mundo e explorar. É necesario planificar ben a túa viaxe para que as vacacións transcorran  dun xeito seguro. Por iso, antes de saír coas maletas, bota un ollo a estes consellos.

Leva contigo os medicamentos de uso habitual.

Apunta o contacto da embaixada española do país que vas visitar.

Consulta as recomendacións sanitarias e segue as instrucións das autoridades de saúde. Así mesmo, mantén unha hixiene constante.

Inxire alimentos suficientemente cociñados para evitar posibles intoxicacións.

Se queres gozar do mar ao 100%, pasar o día nun barco é un bo plan. Se ben, para poder navegar coa maior seguridade, hai que tomar as medidas oportunas.

Antes de saír, realiza un plan de navegación e bota un ollo á previsión meteorolóxica.

Asegúrate de que levas na túa embarcación suficiente combustible para a ruta establecida.

Non sobre pases os límites establecidos para navegar. Respecta as zonas de baño.

Comproba que o barco conta cos equipos de seguridade necesarios en caso de sufrir unha emerxencia.

A combinación entre o bo tempo e as vacacións fan do verán a época do ano na que máis persoas adoitan ir de pesca. Para evitar situacións de perigo, antes de lanzar o anzol, segue estas recomendacións.

Leva un calzado apropiado para a zona de pesca escollida.

Utiliza o chaleco salvavidas.

Manipula as capturas con coidado para non ferirte.

A luz solar pode provocar lesións na pel, usa unha crema de protección.

Para controlar os teus reflexos totalmente, evita o consumo de alcohol.

Respecta as zonas destinadas para o baño.

O verán é o período estrela para ir de festival. Existe unha multitude de eventos aos que podes acudir, pero hai que prepararse para que a experiencia resulte inesquecible. Para elo, de seguido poderás consultar unha serie de consellos que poden resultarte de utilidade.

Para non perderte entre a multitude, mantén contacto permanente co teu grupo.

Localiza as saídas de emerxencia.

Non é non. Só si es si.

Respecta a contorna. Actúa de xeito cívico.

Coidado co consumo de alcohol e, se bebes, non conduzas.