
- Na casa, busca acubillo nas partes máis altas da vivenda
- Leva o gando a un lugar seguro
- Desconecta a electricidade
- Comproba o estado do tellado, baixantes e desaugadoiro
- Evita as correntes de aire
- Se hai tormenta, sae da auga canto antas
- Na rúa, busca refuxio nos edificios próximos
- Na estrada, modera a velocidade
- Afástate de pontes e torrentes e non intentes atravesar zonas inundadas
- Evita parar ou estacionar nas beiras dos ríos
- Se a tormenta ameaza a seguridade, detén o vehículo na beiravía coas luces intermitentes acesas
- Durante a tormenta, non abandones o coche, permanece no interior coas fiestras pechadas
- Mellor non viaxar pero, se fose necesario, utiliza vías principais ou autovías
- Ante calquera emerxencia chama ao teléfono 112