Escoitar
venres, 13 Marzo, 2020

Un home que manexaba unha radial na súa vivenda en Melide resultou ferido de consideración ao cortarse nunha man coa máquina.

A causa das graves feridas do varón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos, na Eirexe, e no que foi trasladado ao Hospital de Santiago de Compostela.

Unha persoa particular alertou do ocorrido ao 112 Galicia, ao fío das 11:30 horas. Nada máis ter coñecemento do sucedido, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melide e da Garda Civil

facebook twitter