Imaxe escoitar Escoitar
luns, 5 Xuño, 2023

Ocorreu no quilómetro 4 da PO-300, ao seu paso pola parroquia de Lois. Unha das persoas implicadas sufrira unha indisposición debido a unha condición médica e permanecía inconsciente á chegada dos equipos de emerxencias.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través das chamadas de varios particulares que se atopaban no lugar, contra as 22:30 horas. Aínda que nun primeiro momento indicaban que eran incapaces de abandonar os vehículos, xa durante o transcurso das conversas explicaban que todos estaban liberados e accesibles.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Ribadumia e dos servizos de mantemento da estrada.

Á súa chegada, os servizos de emerxencias colaboraron para retirar a unha das persoas do seu vehículo. A continuación, o persoal sanitario encargouse do traslado de tres persoas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, os servizos de mantemento da estrada traballaron para restablecer as condicións de circulación na vía.

facebook twitter instagram