Imaxe escoitar Escoitar
luns, 23 Xaneiro, 2023

Os Bombeiros do Carballiño interviñeron co material de excarceración para liberar ao condutor do turismo. Pola súa banda, as outras dúas persoas que viaxaban no vehículo puideron saír do interior polo seu propio pé. Posteriormente, os tres ocupantes do coche foron trasladados polos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O condutor do camión, que non transportaba mercadorías perigosas, resultou ileso.

O accidente produciuse no punto quilométrico 16 da N-541, uns minutos antes das 16:15 horas desta tarde.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia nese momento para alertar da colisión.

A partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Carballiño e do servizo de mantemento da vía de circulación.

facebook twitter instagram