Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 3 Outubro, 2020

Un incendio devora tres de cinco naves lindeiras no concello da Pastoriza (Lugo).

Por fortuna ninguén resultou ferido, aínda que a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar sinalou que no momento de producirse o incendio había persoas no recinto.

Para tratar de comprobar todos os datos do suceso, ao lugar do incendio acudiu unha patrulla da Garda Civil alertada pola persoal do 112 Galicia. Ademais, solicitou axuda aos Bombeiros de Vilalba, que hai pouco menos de dúas confirmaron a extinción do lume, para o que contaron coa colaboración dos membros do GES da Pontenova.

Finalmente, o lume arrasou por completo tres de catro edificacións lindeiras. Nos baixos gardábanse animais, que tamén resultaron ilesos.

No operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil co fin de investigar a orixe deste lume.

facebook twitter instagram