Escoitar
domingo, 27 Marzo, 2022

Todo parece indicar, segundo indicaron os membros do GES de Maceda, que o lume iniciouse na cheminea propagándose polas vigas de madeira do tellado e o teito dunha vivenda, situada no lugar do Pinto, en Esgos. Ardeu a planta superior, un lateral e o tellado da edificación. Aínda que unha persoa resultou afectada, non foi preciso o seu trasladado.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia ás 14:30 horas desta tarde, para pedir axuda. Indicaba que ardía unha casa e que un home solicitaba o auxilio dos medios de extinción.

Decontado, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de San Cibrao. Tamén foron informados a Garda Civil e os efectivos de Protección Civil, que se desprazaron ata o lugar nada máis ser alertados.

Unha vez no punto, tras controlar e apagar o lume, os servizos de extinción deron por rematada a súa intervención.

facebook twitter