martes, 21 Xaneiro, 2020
Un incendio declarado esta tarde nunha casa de madeira prefabricada deixou a vivenda totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz, ao fío das 17:05 horas.
Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do lume e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Eume, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes de García Rodríguez e ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.
Neste momento, os servizos de emerxencia permanecen no lugar do incendio arrefriando a zona afectada polo lume.