Imaxe escoitar Escoitar
martes, 27 Novembro, 2018

Un mariñeiro tivo que ser evacuado esta tarde cando navegaban en alta mar debido a un golpe recibido no peito co aparello.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 15:30 horas de hoxe nun barco, de nome Albamar e nacionalidade española, que traballaba a varias millas ao norte da Coruña.

Para atender ao ferido, foi necesaria a súa evacuación nun helicóptero de Salvamento Marítimo, que levou ao home ata o Aeroporto da Coruña, onde esperaba unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias. A partir de aí, o home foi trasladado ao complexo hospitalario da cidade para ser atendido das lesións provocadas polo golpe. 

Por outra banda, tamén foi trasladado outro traballador que caeu dun poste en Vilaboa (Pontevedra). O ferido foi trasladado ao Hospital de Montecelo aínda que en todo momento estivo consciente.

Segundo os datos recollidos polo 112 Galicia, o accidente ocorreu ás 12:45 horas no lugar de Cardiñas, cando o operario realizaba unha instalación de fibra óptica.

facebook twitter instagram