Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 28 Xullo, 2019

Un motorista faleceu e outro foi evacuado, a pasada tarde, no helicóptero medicalizado ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola estrada de Brión ao seu paso pola parroquia de Leiro, en Rianxo.

Foron varios particulares os que contactaron co 112 Galicia ao fío das 19:15 horas, para pedir asistencia médica urxente para dous motoristas tendidos na vía, un deles, posiblemente, inconsciente.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que, debido a gravidade das lesións dos ocupantes, mobilizaron a aeronave con base en Ourense.

Igualmente, para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ata o lugar do sinistro tamén acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico para realizar as correspondentes pescudas do sucedido.

Saída de vía en Pontedeume
Unha persoa resultou ferida esta mañá no concello de Pontedeume ao saírse da vía e bater contra unha casa o turismo no que viaxaba.

O accidente ocorreu no lugar de Caldagueiro, na estrada DP-4802 no punto quilométrico 10, ao redor das 08:30 horas. Nese momento varias persoas particulares contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro. Indicaban que, debido o impacto, o vehículo quedara envorcado e que unha persoa permanecía no interior do vehículo.

Axiña , os xestores do 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía. Ademais, pasouse o aviso membros de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros do Eume que, descartaron empregar o material de excarceración para liberar á vítima, xa que se atopaban accesibles fora do coche.

O persoal de Protección Civil confirmou ao 112 Galicia que, finalmente, unha persoa tivo que ser trasladada polos profesionais sanitarios ao Hospital Arquitecto Marcide.

Colisión en Ames
Tamén en Ames, preto das 22:15 horas da pasada noite, o CIAE 112 Galicia era informado dunha colisión na AC-453, concretamente na rotonda da AG-56, dirección Bertamiráns.

Neste caso, segundo relataron os efectivos de Protección Civil da localidade, tratouse dun accidente con dous coches no que dúas persoas feridas foron trasladados polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Ata o lugar, nada mais recibir o aviso, ademais do  persoal sanitario e dos efectivos de  Protección Civil desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén, os membros do GES de Brión e o persoal do servizo de mantemento da estrada foron informados.

facebook twitter instagram