Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 7 Decembro, 2022

Unha persoa recibiu asistencia médica no punto debido aos efectos da deflagración.

Segundo explicaron os Bombeiros do Valdeorras a través do 112 Galicia, a situación desencadeouse cando, ao querer acender a estufa, o demandador de butano estaba ao máximo da súa potencia. Isto foi o que provocou a explosión, que rematou con danos importantes na cociña e cunha leve intoxicación do ocupante da vivenda, quen foi atentido no mesmo lugar polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sen que fose necesario o seu traslado.

En relación aos danos, os efectivos de extinción contabilizaron un forno, a cociña como electrodoméstico, a porta da estancia e o muro que divide esta co salón. Así, os bombeiros procederon á desconexión da bombona de butano e á depuración do ambiente co fin de garantir a salubridade do aire. 

Cómpre salientar que este suceso rexistrouse no 112 ás 12:30 horas de hoxe mediante a chamada de alerta dos axentes da Policía Local. Eles indicaron que a vivenda comprometida estaba na Rúa Regueiral e alí acudiu, ademais, a Garda Civil.  

Incendio no mercado de Nadal
Por outra banda, en Vilagarcía de Arousa, pasada a unha da tarde, un incendio nunha caseta do mercado de Nadal supuxo a atención médica dunha persoa con queimaduras nas mans. A orixe do lume foi un calefactor, tal e como explicaron os Bombeiros do Salnés, aínda que sen máis consecuencias que o propio aparato e algo de madeira.

No operativo tamén participaron os membros do Servizo Municipal de Emerxencias, os axentes da Policía Local e, por suposto, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que prestou asistencia á persoa lesionada.  

 

facebook twitter instagram