Escoitar
sábado, 25 Xuño, 2022

Unha persoa perdeu a vida esta mañá despois de que o coche no que viaxaba se saíse da vía en Malpica de Bergantiños.

O accidente produciuse na estrada que une Buño e Ponteceso, uns minutos despois das 08:00 horas. Nese momento, unha persoa particular alertou ao 112 Galicia do accidente.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, malia os esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida á persoa accidentada.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.