Imaxe escoitar Escoitar
martes, 12 Xullo, 2022

O condutor dun turismo perdeu a vida, esta tarde, despois de sufrir unha saída de vía e caer por un desnivel co coche que manexaba, na localidade ourensá de Cartelle.

O accidente ocorreu cando faltaban quince minutos para as tres, na estrada que une as localidades de Celanova a Barral, á altura do lugar de Pereda.

Foi a esa hora, cando unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun vehículo accidentado nese punto. Aseguraba que o condutor podía precisar asistencia médica urxente no interior do vehículo.

Xa no lugar e rematada a intervención, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia o falecemento do único ocupante do turismo. Pese aos esforzos dos profesionais sanitarios desprazados ata ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais dos profesionais de urxencias sanitarias, que mobilizaron unha ambulancia co seu equipo médico, acudiron os Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova, que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á vítima, os axentes de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Cartelle y da Mancomunidade Terra de Celanova, nada máis ser informados polo 112 Galicia.

facebook twitter instagram